lunes, 17 de junio de 2024

LECTURAS EN FEMININO

 

 Coma todos os anos, tamén durante o presente curso académico unha gran parte das nosas lecturas foron escritas ou protagonizadas por mulleres. Puidemos coñecer así coñecer a vida de mulleres fortes que souberon loitar contra o seu destino ou vivir o seu amor lonxe dos prexuízos da súa sociedade (Celestina e Melibea en La Celestina), de mozas valentes que souberon loitar por acadar a felicidade (Adela en La casa de Bernarda Alba), de mulleres que loitaron para facerse ver nun mundo tipicamente masculino (como a inspectora Ana Barroso en A vida secreta de Úrsula Bas) ou que morreron vítimas das pésimas condicións en que se viron obrigadas a traballar (Trampa de fuego).

Moitas desas lecturas fixéronse nos diferentes Clubs de Lectura:

Club de adultos



 
 
Club 1º ESO
 


 
Club 4º ESO




1º Bach (Club de poesía)

 


 


 




1º Bach (Club de narrativa)




 

 
Ou convertéronse en lecturas obrigatorias das diferentes materias:

1º ESO





2º ESO





 3º ESO



 

4º ESO


 1º Bach


 

lunes, 10 de junio de 2024

MULLERES NO RURAL GALEGO: A EMIGRACIÓN

 Durante o presente curso académico, o noso alumnado de 4º de ESO analizou as causas e consecuencias da emigración e a súa relación co rural galego.

  O traballo comezou coa lectura de "Las medias rojas", un conto da gran Emilia Pardo Bazán que ten como trasfondo a emigración galega.


   Neste relato a autora galega escolle como protagonista a Ildara, unha rapaza nova que desexa emigrar para prosperar economicamente, pero que non logra o seu soño porque o seu pai llo impide cruel e violentamente. 

   A partir da súa lectura puidemos analizar a duras condicións económicas das clases baixas na Galiza da época e investigar as causas e as consecuencias desa situación. Asemade, a través dos trazos costumistas da narración da autora coruñesa, puidemos coñecer certos costumes que lastraban a vida das mulleres galegas, como a obriga de coidar aos familiares maoires no caso das mulleres solteiras da casa.

   E comezou unha interesante investigación sobre a emigración galega e sobre os principais países receptores ata mediados do século XX (países americanos) e de mediados do século XX ata a actualidade (países europeos).



Como complemento desta investigación, puidemos ver dous documentais.


No primeiro,"Mamasunción" (1984), Chano Piñeiro analiza o drama da emigración e o seu impacto na vida dos que quedaron na terra.


 

A través  do segundo: "Emigración gallega: mujeres", puidemos coñecer cal foi o papel da muller naquela época.


Tamén analizamos diversas e impactantes imaxes do momento:

Como conclusión, o noso alumnado elaborou diversos traballos. Aquí temos unha pequena mostra:


martes, 7 de mayo de 2024

MULLERES E POETAS

 Para celebrar o Día da Poesía, un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato encargouse de percorrer as aulas de 1º e 2º de ESO para achegarlles aos seus compañeiros e compañeiras a obra poética de figuras femininas tan senlleiras como Gloria Fuertes, Lupe Gómez, María Luísa Villalta...

Os voluntarios e as voluntarias foron de clase en clase recitando poemas das autoras e explicándolles aos rapaces e as rapazas as razóns polas que se sentiron atraídos por cada composición en concreto.



Coa súa actividade buscaron reivindicar o valor da creación literaria de moitas mulleres poetas, grandes esquecidas nos libros de texto, pero cunha calidade artística incuestionable.

A actividade culminou co recitado na nosa biblioteca de varios poemas das autoras presentadas previamente nas aulas.


Recitado 1                       

Recitado 2                                                                

   Recitado 3



domingo, 31 de marzo de 2024

DÍA DE ROSALÍA: poesía e rosas

Con motivo da celebración do Día de Rosalía, o noso alumnado aproveitou a xornada para reivindicar a actividade literaria feminina tomando como punto de partida o labor poético da poeta santiaguesa.

A organización dun recitado público na nosa bibliotea serviu para que o alumnado participante se aproximase á producción literaria rosaliana e puidese reflexionar sobre o papel da muller na literatura na época en que Rosalía destacou como autora.




Todos os participantes na actividade recibiron unha rosa como agasallo.




viernes, 29 de marzo de 2024

CELEBRANDO O 8M: chapas pola igualdade

 

 

A partir de deseños orixinais do noso compañeiro Javi, o alumnado participante en Polos Creativos creou unha serie de chapas como conmemoración do 8 M que posteriormente puido lucir toda a comunidade educativa.





CELEBRANDO O 8M (mural)

 

 Coa intención de conmemorar a loita feminina por acadar un desenvolvemento íntegro como persoa na sociedade, a nosa alumna Sara deseñou un fantástico mural no que mostrou o noso desexo de actuar como colectivo ante un obxectivo común: lograr a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres.







jueves, 14 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 


 

 Con intención de celebrar o Día da muller e a nena na ciencia, pechamos os recreos da biblioteca durante unha semana e convertemos este espazo nun pequeno laboratorio de xogos mediante o que
tratamos de reivindicar o papel de diferentes científicas importantes ao longo da historia da humanidade.

Rocío e Julia, as nosas compañeiras de Química e Matemáticas, convertéronse en anfitrioas destas xornadas tan intensas.


 

Elas foron as encargadas de deseñar os xogos diferentes cos que os nosos alumnos e alumnas se achegaron de forma lúdica a personaxes tan variados como Ada Lovelace, Ángeles Alvariño ou Hedy Lamarr.

E así xogamos á oca.


E creamos figuras xeométricas coas imaxes das mulleres científicas.