lunes, 20 de diciembre de 2021

AS MULLERES NAS RÚAS DE FERROL

 Tradicionalmente os nomes de rúas serven para lembrar no mapa urbano a existencia de grandes personalidades en distintos ámbitos: o científico, o artístico, o político ou o militar. Pero a pesar de que as mulleres van tomando pouco a pouco as rúas, os seus nomes aínda seguen esquecidos nas grandes cidades.

Ferrol é un claro exemplo desa realidade.

A través dos seus traballos, os/as nosos/as alumnos/as de 4º ESO reflexionaron sobre a desigualdade que reflicten de forma implícita os nomes das rúas ferrolás, que combinan uns poucos nomes feminimos de carácter relixioso (nomes de Virxes ou de Santas) coa lembranza de tres mulleres importantes para a sociedade e a cultura do seu tempo. Non obstante, en comparación cos nomes de homes, podemos considerar que as féminas son as grandes esquecidas na nosa cidade.

Aquí temos unha pequena mostra dos seus traballos:

 

 

 


viernes, 10 de diciembre de 2021

CARTEL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O noso compañeiro Alberto Toval deseñou o cartel que empregamos para anunciar no noso centro o Día contra a Violencia de Xénero.



CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Unha das nosas alumnas do ciclo vídeo DJ, Paula Cabezas Álvarez, acadou o 1º Premio do Concurso contra a Violencia de Xénero convocado pola Xunta de Galicia cun deseño tan impactante como axeitado para a situación.




LEMAS FEMINISTAS NO 25N

 O noso alumnado de 1º e 2º de ESO decorou os corredores do noso centro con lemas feministas coa intención de denunciar a violencia de xénero e a necesidade de defender a liberdade e a igualdade.


Porque todas temos dereito a vivir unha existencia plena e libre de medos.






ORIXE DO 25N

 O noso alumnado de 2º ESO, organizado pola súa profesora de Lingua Galega, investigou sobre as razóns da escolla do 25 de novembro como o día para a sensibilización e a denuncia contra a violencia sobre as mulleres no mundo. 

O resultado da súa investigación mostrouse en carteis que ocuparon os corredores do noso instituto.

Descubriron así o triste final das irmás Mirabal (coñecidas tamen como as bolboretas), tres mulleres fortes que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960, por loitar contra a ditadura de Trujillo na República Dominicana.

 
Esa foi a data escollida en 1981 polo movemento feminista latinoamericano para loitar contra a violencia sobre as mulleres e para solicitar a creación de políticas a favor da súa erradicación. Posteriormente, no 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas asumiu tamén o 25N no momento de establecer do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.



 
 



CHARLAS EN FEMININO - CELEBRAMOS O 25N

 A biblioteca do noso centro foi o lugar escollido para celebrar un obradoiro sobre o 25 N impartido por un grupo de estudantes de Enfermaría (unha delas exalumnas do noso centro). 

Con esta iniciativa, as poñentes defenderon entre o noso alumnado de 1º de Bach a necesidade de recoñecer os primeiros síntomas da violencia de xénero para poder actuar contra ela de forma inmisericorde.



Foi unha actividade moi dinámica e extremadamente atractiva para os nosos rapaces e rapazas, que participaron con entusiasmo facendo preguntas e aportando opinións que enriqueceron notablemente o traballo das organizadoras.

 
A continuación, os nosos Corresponentes Xuvenís organizaron un faladoiro co noso alumnado de 1º de ESO no que todos os participantes reflexionaron sobre a violencia contra a muller a partir dunha serie de lecturas previamente escollidas para tal fin.
 

 

 






CELEBRAMOS O 25N

 O noso alumnado de ciclo video DJ gravou un vídeo a partir dun guion escrito polos Departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá para tratar de denunciar a situación de marxinación da muller na nosa sociedade actual baixo un lema: Somos Donas de nós!!!


O chip de control

jueves, 9 de diciembre de 2021

CELEBRAMOS O 25N

 Unha selección dos nosos alumnos e alumnas, gravados polo alumnado do ciclo de vídeo DJ, defende o dereito da muller a vivir e ser libres en todos os lugares e todas as sociedades do mundo.


Quérome viva, quérote libre!