viernes, 23 de diciembre de 2022

AS MULLERES DA MIÑA VIDA

Durante o presente curso académico, o alumnado de 4º de ESO desenvolveu unha breve (pero intensa) tarefa de investigación que tivo como finalidade a reivindicación de figuras femininas importantes no seu núcleo persoal e/ou familiar.

Para a nosa satisfacción, a maior parte dos nosos rapaces escolleron mulleres pertencentes ao seu núcleo familiar próximo (nais, avoas ou bisaboas) e destacaron nelas a súa infancia dura, o seu carácter loitador e, sobre todo, o seu espírito de superación ante as situacións adversas que lles presentou a vida. Son, ante todo, mulleres resilientes que deixaron unha fonda (e moi agarimosa) pegada entre os seus pequenos fillos, netos ou bisnetos.

Aquí temos unha pequena mostra dos seus traballos:

 

MULLERES NAS RÚAS DE FERROL

Tradicionalmente os nomes de rúas serven para lembrar no mapa urbano a existencia de grandes personalidades en distintos ámbitos: o científico, o artístico, o político ou o militar. Pero a pesar de que as mulleres van tomando pouco a pouco as rúas, os seus nomes aínda seguen esquecidos nas grandes cidades.

Ferrol é un claro exemplo desa realidade.

A través dos seus traballos, os/as nosos/as alumnos/as de 4º ESO reflexionaron sobre a desigualdade que reflicten de forma implícita os nomes das rúas ferrolás, que combinan uns poucos nomes feminimos de carácter relixioso (nomes de Virxes ou de Santas) coa lembranza de tres mulleres importantes para a sociedade e a cultura do seu tempo. Non obstante, en comparación cos nomes de homes, podemos considerar que as féminas son as grandes esquecidas na nosa cidade.

Aquí temos unha pequena mostra dos seus traballos:

 

domingo, 26 de junio de 2022

FEMINISMOS

 O grupo de 4º D ESO, coordinado pola súa titora, traballou o libro Feminismos. A historia cóntana as vencedoras, de Anna Figueiredo, co Caderno de Traballo elaborado para tal fin.

Mediante este traballo, o alumnado puido facer un percorrido pola historia do feminismo dende as súa orixe ata a actualidade, facendo un especial fincapé no papel das sufraxistas que tanto fixeron polos dereitos das féminas na sociedade occidental.

Así mesmo puido investigar sobre as diferentes mulleres que despuntaron na loita pola igualdade.

A modo de conclusión, os alumnos e máis as alumnas reflexionaron sobre a situación da muller na sociedade galega actual e sobre a necesidade de continuar traballando para conseguir equiparar os dereitos de homes e mulleres.







MÁIS MULLERES NAS TIC

 O noso alumnado TIC de 1º Bacharelato, coordinado pola súa profesora, realizou un pequeno traballo de investigación consistente na identificación de mulleres pioneiras no eido das TIC, e a súa presentación e caracterización a través dun gif.

Descubriron así a mulleres tan relevantes como Carol Shaw, Edith Clarke, Shirley Ann Jackson, Hedy Lamarr, Carol Shaw ou Ángela Ruiz Robles. Reflexionaron tamén sobre as razóns que provocaron o seu silenciamento durante a época en que traballaron e o seu case total esquecemento posterior nos libros de texto. Así mesmo, analizaron de xeito crítico a situación actual... ¿reciben as mulleres hoxe en día o mesmo recoñecemento no seu labor tecnolóxico que os homes? ¿contan coas mesmas oportunidades no mundo laboral ou no campo da investigación? E é que, a pesar de que os tempos cambiaron e vivimos nunha sociedade aparentemente igualitaria... ¿é real esa igualdade ou é simplemente aparente? Non é este un debate baladí.


MULLERES NAS TIC

 O alumnado de 2º de ESO, coordinado pola súa profesora de Tecnoloxía, debeu desenvolver un breve traballo de investigación consistente na identificación de mulleres pioneiras no mundo da ciencia e da tecnoloxía que non acadaron no seu momento o recoñecemento que realmente merecían.

Os nosos rapaces e rapazas coñeceron así a figuras tan relevantes como Ada Lovelace (filla de lord Byron considerada a primeira programadora informática), Edith Clarke (primeira enxeñeira eléctrica, que traballou como "calculadora humana" e que inventou a calculadora gráfica), Radia Perlman (creadora do algoritmo de Spanning Tree), Carol Shaw (primeira muller creadora de videoxogos) ou Mary Kenneth Keller (relixiosa que se converteu na primeira muller doutorada en informática en USA).

As súas investigacións remataron coa creación dun xogo baseado nun pequeno circuíto eléctrico consistente en relacionar parellas (mulleres do mundo das Tic coa súa imaxe e/ou os seus logros).

Aquí temos unha pequena mostra dos traballos elaborados polo alumnado:






viernes, 17 de junio de 2022

MULLERES NAS ARTES

 O alumnado de 3º de ESO, da man da súa profesora de EPVA, desenvolveu un interesantísimo traballo de investigación consistente na pescuda de mulleres relevantes no mundo das artes, e na investigación sobre a súa vida e a súa obra. A continuación deberon crear un gif inspirándose nas características da súa produción artística.

Foi unha actividade moi suxestiva, porque a maior parte dos nosos rapaces e rapazas descoñecían a importancia da muller nas artes plásticas. Todos e todas quedaron impresionados cando descubriron a gran cantidade de féminas que triunfaron neste mundo, a relevancia da súa obra e a práctica inexistencia de información sobre elas nos libros de texto.

As súas producións máis relevantes inspiráronse en figuras senlleiras como:

GEORGIA O'KEEFFE

FRIDA KAHLO 

MARUJA MALLO 

YAYOI KUSAMA

 ROSA BONHEUR

viernes, 27 de mayo de 2022

AS MULLERES IMPORTANTES NA MIÑA VIDA

 Durante o presente curso académico, o alumnado de 4º de ESO desenvolveu unha breve (pero intensa) tarefa de investigación que tivo como finalidade a reivindicación de figuras femininas importantes no seu núcleo persoal e/ou familiar.

Para a nosa satisfacción, a maior parte dos nosos rapaces escolleron mulleres pertencentes ao seu núcleo familiar próximo (nais, avoas ou bisaboas) e destacaron nelas a súa infancia dura, o seu carácter loitador e, sobre todo, o seu espírito de superación ante as situacións adversas que lles presentou a vida. Son, ante todo, mulleres resilientes que deixaron unha fonda (e moi agarimosa) pegada entre os seus pequenos fillos, netos ou bisnetos.

Aquí temos unha pequena mostra dos traballos desenvoltos que falan de bisaboas:

 

 

De avoas:

 


 

Tías-avoas:

 

 

E, por suposto, nais:

 

LITERATURA EN FEMININO

 Durante o presente curso académico recibimos a visita de catro autoras que se encargaron de presentarlle a súa obra ao noso alumnado.

Foron xornadas realmente intensas porque nada resulta máis emocionante para os nosos pequenos lectores que poder comentar as obras que leron cos compañeiros e profesores... e sobre todo cos autores (neste caso as autoras) que poden aclarar as súas dúbidas e responder a todas as súas curiosidades.

E así chegaron Eva Mejuto para falarnos da súa Lavandeira de San Simón.


 Ana Alcolea para presentarnos El secreto del galeón.

 

E Andrea Maceiras, que presentou A folla verde ante o alumnado de 1º de ESO


e O que sei do silencio para o alumnado de 3º ESO.

E finalmente Ánxela Loureiro, que falou do seu Camiño perigoso para os nosos rapaces e rapazas de 3º ESO.

OBRADOIROS EN FEMININO: TALLER DE DEBUXO MANGA

 O 11 de maio visitounos Sarai para traballar o debuxo manga cos nosos rapaces máis novos. Foi unha actividade longamente esperada polos participantes no Club de Lectura de manga, e desenvolta en colaboración entre o equipo da Biblioteca e o grupo de Dinamización Lingüística.

O alumnado chegou preparado para a ocasión.

 

 Prestou moita atención ás explicacións da "profe".


 

E posteriormente mostrou a súa destreza no debuxo manga.



Foi unha xornada realmente moi aproveitada!!!


jueves, 26 de mayo de 2022

LECTURAS EN FEMININO


 Coma todos os anos, tamén durante o presente curso académico unha gran parte das nosas lecturas foron escritas ou protagonizadas por mulleres. Puidemos coñecer así a rapazas que loitaron contra a represión dunha sociedade machista e opresora (Mariam e Laila en Cometas en el cielo), de mulleres que defenderon a xustiza nunha época inxusta (as lavandeiras de A lavandeira de San Simón), das que riron con ironía ao analizar o lugar que ocupan na súa sociedade (as protagonistas de Bordados) ou das que loitaron contra vento e marea por acadar a súa felicidade (Adela en La casa de Bernarda Alba) ou por culminar os seus soños de coñecemento (Magdalena en Se llamará Magdalena), pero tamén das que se atreveron a denunciar o papel da muller na súa época (como Emilia Pardo Bazán nos seus Contos), das que foron capaces de recoñecer e loitar contra o acoso (Delia en O que sei do silencio) ou daquelas que pelexaron por evitar as consecuencias das accións do home sobre o medio que nos rodea (Rosa en Un verano en Borneo).

 Moitas desas lecturas desenvolvéronse nos distintos Clubs de Lectura.

Club de lectura de adultos








 

 
Club de lectura 1º ESO
 


 
Club de lectura 2º ESO

 
 
 

Club de lectura 4º ESO
 
Pero moitas outras foron lidas e comentadas nas aulas con todo o alumnado.
 
Lecturas en aula
 
 
 Lecturas 3º ESO 
 


Lecturas 4º ESO

 Lecturas 1º ESO

 
 
 
Nalgún caso incluso completamos a lectura do libro co visionado dun filme, sobre todo para dar visibilidade a mulleres ás que nos referimos ao fío da lectura. 
Isto ocorreu, por exemplo, cos rapaces de 1º ESO, cos que vimos Gorilas en la niebla. Despois de desfrutar da película, falamos sobre Dian Fossey, coñecida polo seu labor conservacionista cos gorilas das montañas africanas, e debatemos sobre a necesidade de traballar pola preservación das distintas especies animais en perigo de extinción.



 
 





 
 
 

 


jueves, 7 de abril de 2022

8 DE MARZO-LIDERESAS Á GALEGA

 O pasado 11 de marzo foi presentada en público a exposición "Lideresas á galega", froito dunha colaboración entre tres centros de ensino de Ferrol (o IES Saturnino Montojo, o IES Carvalho Calero e o CIFP Rodolfo Ucha), e a fotógrafa Ana Amado. 


 O proxecto consistiu na reproducción de imaxes icónicas protagonizadas por varóns empregando nesta ocasións mulleres ferrolás procedentes da Residencia de Maiores de Caranza. A intención final desta iniciativa foi eliminar os estereotipos de xénero e dar visibilidade ás mulleres maiores.



 
O proxecto rematou coa publicación dun calendario para difundir o interesantísimo traballo desenvolto por todos os implicados na actividade.