viernes, 23 de diciembre de 2022

AS MULLERES DA MIÑA VIDA

Durante o presente curso académico, o alumnado de 4º de ESO desenvolveu unha breve (pero intensa) tarefa de investigación que tivo como finalidade a reivindicación de figuras femininas importantes no seu núcleo persoal e/ou familiar.

Para a nosa satisfacción, a maior parte dos nosos rapaces escolleron mulleres pertencentes ao seu núcleo familiar próximo (nais, avoas ou bisaboas) e destacaron nelas a súa infancia dura, o seu carácter loitador e, sobre todo, o seu espírito de superación ante as situacións adversas que lles presentou a vida. Son, ante todo, mulleres resilientes que deixaron unha fonda (e moi agarimosa) pegada entre os seus pequenos fillos, netos ou bisnetos.

Aquí temos unha pequena mostra dos seus traballos:

 

MULLERES NAS RÚAS DE FERROL

Tradicionalmente os nomes de rúas serven para lembrar no mapa urbano a existencia de grandes personalidades en distintos ámbitos: o científico, o artístico, o político ou o militar. Pero a pesar de que as mulleres van tomando pouco a pouco as rúas, os seus nomes aínda seguen esquecidos nas grandes cidades.

Ferrol é un claro exemplo desa realidade.

A través dos seus traballos, os/as nosos/as alumnos/as de 4º ESO reflexionaron sobre a desigualdade que reflicten de forma implícita os nomes das rúas ferrolás, que combinan uns poucos nomes feminimos de carácter relixioso (nomes de Virxes ou de Santas) coa lembranza de tres mulleres importantes para a sociedade e a cultura do seu tempo. Non obstante, en comparación cos nomes de homes, podemos considerar que as féminas son as grandes esquecidas na nosa cidade.

Aquí temos unha pequena mostra dos seus traballos: