viernes, 18 de marzo de 2022

DÍA DE ROSALÍA-RECITADO DE POEMAS

 Coma todos os anos, tamén no presente 2022 celebramos o día de Rosalía. Nesta ocasión organizamos un recitado público de poemas da autora galega na nosa biblioteca. 

A convocatoria acadou un grande éxito entre o noso alumnado.

 


 
Cada un dos participantes recibiu unha rosa como agasallo pola súa colaboración na actividade.






jueves, 17 de marzo de 2022

DÍA DE ROSALÍA-AS FLORES DE ROSALÍA

 O noso alumnado de 2º ESO deseñou un bonito mural destinado a dar a coñecer a poesía rosaliana a toda a comunidade educativa. 

Para lograr o seu obxectivo, os rapaces e máis as rapazas recortaron flores que encheron con versos da poetisa de Padrón.






miércoles, 16 de marzo de 2022

DÍA DE ROSALÍA-ROSALÍA PARA NÓS

 O noso alumnado de 2º de ESO deseñou un creativo mural coa intención de transmitir as sensacións que espertou nel a lectura de varios poemas rosalianos. Porque, sen dúbida, Rosalía sempre será unha fonte de inspiración para todos nós!!!