sábado, 25 de febrero de 2023

FALADOIRO SOBRE O AMOR

 Con motivo da chegada do 14 de febreiro o noso alumnado de Correspondentes Xuvenís organizou un faladoiro para reflexionar sobre que é o amor para os nosos rapaces e rapazas coa intención de desterrar falsos mitos promovidos pola idea romántica das relacións amorosas (a existencia da persoa perfecta para un; a dependencia do ser amado; a necesidade de soportar todo tipo de situacións por afecto; o convencemento de que se pode ou se debe cambiar por amor; a idea de que os ciumes son unha mostra de agarimo cara a parella...).

Nunha primeira etapa, toda a comunidade educativa puido ofrecer a súa idea sobre o amor. Posteriormente  puidemos ler as opinións anónimas dos participantes na actividade e reflexionar sobre as diferentes propostas.

 










 

sábado, 18 de febrero de 2023

SEMANA DA MULLER E A NENA DA CIENCIA


 Con intención de celebrar o Día da muller e a nena na ciencia, pechamos os recreos da biblioteca durante unha semana e convertemos este espazo nun pequeno laboratorio de xogos mediante o que tratamos de reivindicar o papel de diferentes científicas importantes ao longo da historia da humanidade.

Rocío, Julia e Elisa, as nosas compañeiras de Química, Matemáticas e Tecnoloxía convertéronse en anfitrioas destas xornadas tan intensas.

 


Elas foron as encargadas de deseñar tres xogos diferentes para que os nosos alumnos e alumnas se achegasen de forma lúdica a personaxes tan variados como Ada Lovelace, Ángeles Alvariño ou Hedy Lamarr.

E así puidemos xogar con crebacabezas:


 
Cun xogo da oca preparado personalizado:
 

 E cun xogo que lles permitiu localizar información sobre diferentes científicas a través dunha conexión cun equipo informático: