jueves, 7 de abril de 2022

8 DE MARZO-LIDERESAS Á GALEGA

 O pasado 11 de marzo foi presentada en público a exposición "Lideresas á galega", froito dunha colaboración entre tres centros de ensino de Ferrol (o IES Saturnino Montojo, o IES Carvalho Calero e o CIFP Rodolfo Ucha), e a fotógrafa Ana Amado. 


 O proxecto consistiu na reproducción de imaxes icónicas protagonizadas por varóns empregando nesta ocasións mulleres ferrolás procedentes da Residencia de Maiores de Caranza. A intención final desta iniciativa foi eliminar os estereotipos de xénero e dar visibilidade ás mulleres maiores.



 
O proxecto rematou coa publicación dun calendario para difundir o interesantísimo traballo desenvolto por todos os implicados na actividade.
 

ENTROIDO LITERARIO

 Organizamos un Entroido Literario que, para o alumnado de 1º de ESO, culminou coa escolla de tres escritoras resilientes, valentes e loitadoras que acadaron sona internacional polas súas creacións literarias: Agatha Christie, J.K. Rowling e Mary Shelley. Do estudo da súa biografía e da súa produción literaria proviñeron os desfraces dos nosos rapaces e rapazas máis novos, que se inspiraron en tres das súas obras máis coñecidas: Asasinato no Orient Express, Harry Potter e a pedra filosofal e Frankenstein ou o moderno Prometeo.

Apoiándose na información que obtiveron coa súa investigación, os alumnos e alumnas adornaron a clase:














 E disfrazáronse con fidelidade á novela que lles correspondeu.