domingo, 26 de junio de 2022

FEMINISMOS

 O grupo de 4º D ESO, coordinado pola súa titora, traballou o libro Feminismos. A historia cóntana as vencedoras, de Anna Figueiredo, co Caderno de Traballo elaborado para tal fin.

Mediante este traballo, o alumnado puido facer un percorrido pola historia do feminismo dende as súa orixe ata a actualidade, facendo un especial fincapé no papel das sufraxistas que tanto fixeron polos dereitos das féminas na sociedade occidental.

Así mesmo puido investigar sobre as diferentes mulleres que despuntaron na loita pola igualdade.

A modo de conclusión, os alumnos e máis as alumnas reflexionaron sobre a situación da muller na sociedade galega actual e sobre a necesidade de continuar traballando para conseguir equiparar os dereitos de homes e mulleres.







MÁIS MULLERES NAS TIC

 O noso alumnado TIC de 1º Bacharelato, coordinado pola súa profesora, realizou un pequeno traballo de investigación consistente na identificación de mulleres pioneiras no eido das TIC, e a súa presentación e caracterización a través dun gif.

Descubriron así a mulleres tan relevantes como Carol Shaw, Edith Clarke, Shirley Ann Jackson, Hedy Lamarr, Carol Shaw ou Ángela Ruiz Robles. Reflexionaron tamén sobre as razóns que provocaron o seu silenciamento durante a época en que traballaron e o seu case total esquecemento posterior nos libros de texto. Así mesmo, analizaron de xeito crítico a situación actual... ¿reciben as mulleres hoxe en día o mesmo recoñecemento no seu labor tecnolóxico que os homes? ¿contan coas mesmas oportunidades no mundo laboral ou no campo da investigación? E é que, a pesar de que os tempos cambiaron e vivimos nunha sociedade aparentemente igualitaria... ¿é real esa igualdade ou é simplemente aparente? Non é este un debate baladí.


MULLERES NAS TIC

 O alumnado de 2º de ESO, coordinado pola súa profesora de Tecnoloxía, debeu desenvolver un breve traballo de investigación consistente na identificación de mulleres pioneiras no mundo da ciencia e da tecnoloxía que non acadaron no seu momento o recoñecemento que realmente merecían.

Os nosos rapaces e rapazas coñeceron así a figuras tan relevantes como Ada Lovelace (filla de lord Byron considerada a primeira programadora informática), Edith Clarke (primeira enxeñeira eléctrica, que traballou como "calculadora humana" e que inventou a calculadora gráfica), Radia Perlman (creadora do algoritmo de Spanning Tree), Carol Shaw (primeira muller creadora de videoxogos) ou Mary Kenneth Keller (relixiosa que se converteu na primeira muller doutorada en informática en USA).

As súas investigacións remataron coa creación dun xogo baseado nun pequeno circuíto eléctrico consistente en relacionar parellas (mulleres do mundo das Tic coa súa imaxe e/ou os seus logros).

Aquí temos unha pequena mostra dos traballos elaborados polo alumnado:






viernes, 17 de junio de 2022

MULLERES NAS ARTES

 O alumnado de 3º de ESO, da man da súa profesora de EPVA, desenvolveu un interesantísimo traballo de investigación consistente na pescuda de mulleres relevantes no mundo das artes, e na investigación sobre a súa vida e a súa obra. A continuación deberon crear un gif inspirándose nas características da súa produción artística.

Foi unha actividade moi suxestiva, porque a maior parte dos nosos rapaces e rapazas descoñecían a importancia da muller nas artes plásticas. Todos e todas quedaron impresionados cando descubriron a gran cantidade de féminas que triunfaron neste mundo, a relevancia da súa obra e a práctica inexistencia de información sobre elas nos libros de texto.

As súas producións máis relevantes inspiráronse en figuras senlleiras como:

GEORGIA O'KEEFFE

FRIDA KAHLO 

MARUJA MALLO 

YAYOI KUSAMA

 ROSA BONHEUR