martes, 15 de diciembre de 2020

CELEBRAMOS O 25 N

Celebramos o 25 N co noso alumnado a través do desenvolvemento de distintas accións.

Os nosos rapaces e as nosas rapazas de 1º e 2º de ESO deixaron a súa pegada coa intención de denunciar a violencia machista que aínda se exerce sobre as mulleres na nosa sociedade.

 


 

E para acompañar o cartel, crearon lemas para defender a necesidade de atallar o problema.


 

 Como colofón, unha selección de alumnado de 4º ESO recitou varios poemas de Rosalía de Castro para defender as diferenzas entre os "bos amores" e os "amores cativos".



E recitou a canción de Revólver Lo que Ana ve" a modo de denuncia contra o que senten as mulleres vítimas de violencia.

sábado, 27 de junio de 2020

TRABALLO NO CONFINAMENTO: AS MULLERES NAS RÚAS DE FERROL

Tradicionalmente os nomes de rúas serven para lembrar no mapa urbano a existencia de grandes personalidades en distintos ámbitos: o científico, o artístico, o político ou o militar. Pero a pesar de que as mulleres van tomando pouco a pouco as rúas, os seus nomes aínda seguen esquecidos nas grandes cidades.

Ferrol é un claro exemplo desa realidade.

A través dos seus traballos, os/as nosos/as alumnos/as reflexionaron sobre a desigualdade que reflicten de forma implícita os nomes das rúas ferrolás, que combinan uns poucos nomes feminimos de carácter relixioso (nomes de Virxes ou de Santas) coa lembranza de tres mulleres importantes para a sociedade e a cultura do seu tempo. Non obstante, en comparación cos nomes de homes, podemos considerar que as féminas son as grandes esquecidas nosa cidade.





PREMIO 8M


O noso alumnado obtivo o segundo premio no Concurso de Carteis da Campaña do 8M coa súa obra: "Te cansas de leerlo? Nosotros de vivirlo!"



TRABALLO DURANTE O CONFINAMENTO. CLUB DE LECTURA: MONSTRUO DE OJOS VERDES


Foron varias as actividades lectoras que quedaron pendentes tras o parón das clases presenciais, así que durante o confinamento, e a pesar das enormes dificultades que supuxo a experiencia, organizamos un club de lectura para comentar a obra Monstruo de ojos verdes, de Joyce Carol Oates.


É esta unha interesantísima novela sobre a violencia de xénero e sobre a influenza dos maltratadores sobre as persoas que teñen que convivir con el.

Os participantes nesta experiencia tiveron que reflexionar sobre a dobre cara dos maltratadores (na casa e fóra do fogar), sobre o difícil que resulta aceptar a existencia de maltrato (incluso para os que conviven coa violencia de xeito cotiá) e sobre o valor que é preciso ter para denunciar unha situación de abuso.

MULLERES IMPORTANTES NA IDADE MEDIA E NOS SÉCULOS DE OURO

Se ben é certo que a partir do século XX as mulleres empezaron a aparecer nos libros de historia moi tímidamente, tamén en épocas pasadas foron moitas as mulleres que desempeñaron un papel importante durante a súa época, a pesar de ser moitas veces esquecidas.

Orientado pola profesora de lingua, o noso alumnado elaborou un traballo de investigación centrado na pescuda de mulleres importantes na península ibérica durante a Idade Media e os Séculos de Ouro. Puideron descubrir as vidas admirables de raíñas medievais como Isabel de Castela, pero tamén de consortes inesquecibles en Castela como Violante ou María de Molina.

María de Molina

Violante
Pero tamén descubriron os nomes de moitas escritoras que non aparecen nos libros de texto como María de Zayas


Ou Sor Juana Inés de la Cruz


Estas son pequenas mostras do traballo dos nosos/as alumnos/as:




viernes, 26 de junio de 2020

GUIÓN DE CINE


Os nosos rapaces de 4º de ESO traballaron durante o presente curso académico nun proxecto destinado a dar visibilidade a grandes mulleres esquecidas durante a súa época.
A nosa intención inicial era concluír a proposta coa rodaxe dunha curtametraxe que tivera como protagonista a unha muller (real ou ficticia) que loitase por conquistar a liberdade para vivir a súa vida tal e como quixese.
Lamentablemente a finalización abrupta do ensino presencial impediunos concluír o proxecto. Non obstante, si desenvolvemos as primeiras etapas, tal e como aquí presentamos:

Para quentar motores, comezamos lendo Historias de mujeres, de Rosa Montero. É esta unha obra interesantísima que inclúe a biografía de varias mulleres singulares, creativas, fortes, valentes, amorosas ou crueis, que algunhas das nosas alumnas recrearon en diversos traballos.








A continuación celebramos un cinefórum na biblioteca do instituto a partir do visionado de Las horas,adaptación cinematográfica da novela homónima de Michael Cunningham que narra a vida de tres mulleres de distintas épocas conectadas pola novela de Virginia Woolf Mrs. Dalloway.



A análise do filme proporcionounos as ideas precisas para comezar o núcleo do noso proxecto: a curtametraxe.




Para orientarnos na nosa actividade recibimos a visita de Carlos Aguado, estudante de Comunicación Audiovisual que nos explicou o proceso para redactar con éxito un guión cinematográfico.


As súas claras explicacións convertéronse no punto de partida para organizar a nosa curtametraxe.


E permitíronnos redactar un documento coas regras para redactar un bo guión.




O labor entregado do noso alumnado deu como resultado o primeiro boceto:



Por desgraza, a rápida expansión do coronavirus deixou tamén en corentena o noso proxecto cinematográfico.

A EDUCACIÓN DAS NENAS

En pleno século XXI, parece que as mulleres avanzan con forza cara á igualdade co home, e conquistan terreos que lles foran tradicionalmente vedados tanto no plano persoal coma no profesional. Pero... é así en todos os lugares do mundo?

Os nosos rapaces de 2º de ESO desenvolveron unha interesante investigación sobre a educación das rapazas en distintos países do terceiro mundo para chegar á conclusión de que a iguadade de oportunidades segue a ser unha utopía en moitos sitios.

La educación de las niñas


MARCAPÁXINAS

Os rapaces e rapazas de 1º de ESO aproveitaron a lectura de Denébola a roxa, de Héctor Cajaraville para crear uns bonitos marcapaxinas inspirados na protagonista da novela, unha rapaza forte e valente que loitará contra os prexuízos e as convencións da súa época para trazar o seu propio camiño na vida.


Denébola a loitadora
Denébola a valente

Denébola arriscada

Segura de si mesma

Na pescuda do seu destino