lunes, 3 de abril de 2023

A POESÍA DE ROSALÍA

 O día 21 de marzo celebramos o Día da poesía e aproveitamos para reivindicar a figura dunha das nosas poetisas máis famosas: Rosalía de Castro.

Con tal intención o Departamento de Galego organizou unha actividade creativa consistente en que os rapaces e rapazas escribisen en grupo poemas propios inspirados en versos de creacións poéticas provenientes de Rosalía de Castro.


 

Como colofón, os participantes na actividade puideron ler tanto as súas composicións como as orixinais da autora compostelá.