martes, 11 de mayo de 2021

ENCONTRO INTERXENERACIONAL

 Como todos os anos, os nosos alumnos e as nosas alumnas viviron unha charla interxeneracional promocionada pola Fundación Abanca con distintas mulleres maiores. A pesar de que este ano a xuntanza fíxose por videoconferencia, non por iso foi menos interesante.

As nosas invitadas falaron sobre as súas vivencias e as súas decisións vitais para darnos a coñecer os cambios que experimentaron as vidas das mulleres ao longo do tempo e, sobre todo, para tratar de concienciar ao noso alumnado sobre a necesidade de continuar na loita pola igualdade.