viernes, 19 de mayo de 2023

MULLERES NA LITERATURA

O alumnado de 4º de ESO desenvolveu un breve traballo de investigación consistente na identificación de mulleres importantes na historia da literatura.

Os nosos rapaces e rapazas coñeceron así a figuras tan relevantes como Agatha Christie (mestra da novela negra); Marguerite Duras (gran novelista e dramaturga, nacida en Indochina e cunha vida caracterizada polo activismo político); Gloria Fuertes (poetisa española de posguerra e gran defensora da paz, do medioambiente e, sobre todo, do feminismo); Almudena Grandes (novelista recentemente falecida e coñecida polo seu feminismo e pola análise da sociedade española na época franquista); Harper Lee (novelista que denunciou o racismo na súa primeira novela Matar a un ruiseñor); Marguerite Yourcenar (gran novelista, poeta, dramaturga e tradutora francesa, coñecida sobre todo pola súa narrativa histórica e por ser a primeira muller en acceder á Real Academia da Lingua en Francia); Mary Shelley (autora de Frankenstein que brillou ao lado de figuras literarias tan importantes como Lord Byron ou a súa propia parella, Percy Shelley); George Sand (autora do Romanticismo que adoptou un pseudónimo masculino para publicar libremente a súa obra, pero que tamén adoptou costumes masculinos, como levar pantalón ou fumar en público, que escandalizaron á sociedade da súa época); Alejandra Pizarnik; Elena Garro; Laura Esquivel...

Aquí temos unha pequena mostra do seu traballo: