lunes, 20 de diciembre de 2021

AS MULLERES NAS RÚAS DE FERROL

 Tradicionalmente os nomes de rúas serven para lembrar no mapa urbano a existencia de grandes personalidades en distintos ámbitos: o científico, o artístico, o político ou o militar. Pero a pesar de que as mulleres van tomando pouco a pouco as rúas, os seus nomes aínda seguen esquecidos nas grandes cidades.

Ferrol é un claro exemplo desa realidade.

A través dos seus traballos, os/as nosos/as alumnos/as de 4º ESO reflexionaron sobre a desigualdade que reflicten de forma implícita os nomes das rúas ferrolás, que combinan uns poucos nomes feminimos de carácter relixioso (nomes de Virxes ou de Santas) coa lembranza de tres mulleres importantes para a sociedade e a cultura do seu tempo. Non obstante, en comparación cos nomes de homes, podemos considerar que as féminas son as grandes esquecidas na nosa cidade.

Aquí temos unha pequena mostra dos seus traballos:

 

 

 


viernes, 10 de diciembre de 2021

CARTEL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O noso compañeiro Alberto Toval deseñou o cartel que empregamos para anunciar no noso centro o Día contra a Violencia de Xénero.



CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Unha das nosas alumnas do ciclo vídeo DJ, Paula Cabezas Álvarez, acadou o 1º Premio do Concurso contra a Violencia de Xénero convocado pola Xunta de Galicia cun deseño tan impactante como axeitado para a situación.




LEMAS FEMINISTAS NO 25N

 O noso alumnado de 1º e 2º de ESO decorou os corredores do noso centro con lemas feministas coa intención de denunciar a violencia de xénero e a necesidade de defender a liberdade e a igualdade.


Porque todas temos dereito a vivir unha existencia plena e libre de medos.






ORIXE DO 25N

 O noso alumnado de 2º ESO, organizado pola súa profesora de Lingua Galega, investigou sobre as razóns da escolla do 25 de novembro como o día para a sensibilización e a denuncia contra a violencia sobre as mulleres no mundo. 

O resultado da súa investigación mostrouse en carteis que ocuparon os corredores do noso instituto.

Descubriron así o triste final das irmás Mirabal (coñecidas tamen como as bolboretas), tres mulleres fortes que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960, por loitar contra a ditadura de Trujillo na República Dominicana.

 
Esa foi a data escollida en 1981 polo movemento feminista latinoamericano para loitar contra a violencia sobre as mulleres e para solicitar a creación de políticas a favor da súa erradicación. Posteriormente, no 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas asumiu tamén o 25N no momento de establecer do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.



 
 



CHARLAS EN FEMININO - CELEBRAMOS O 25N

 A biblioteca do noso centro foi o lugar escollido para celebrar un obradoiro sobre o 25 N impartido por un grupo de estudantes de Enfermaría (unha delas exalumnas do noso centro). 

Con esta iniciativa, as poñentes defenderon entre o noso alumnado de 1º de Bach a necesidade de recoñecer os primeiros síntomas da violencia de xénero para poder actuar contra ela de forma inmisericorde.



Foi unha actividade moi dinámica e extremadamente atractiva para os nosos rapaces e rapazas, que participaron con entusiasmo facendo preguntas e aportando opinións que enriqueceron notablemente o traballo das organizadoras.

 
A continuación, os nosos Corresponentes Xuvenís organizaron un faladoiro co noso alumnado de 1º de ESO no que todos os participantes reflexionaron sobre a violencia contra a muller a partir dunha serie de lecturas previamente escollidas para tal fin.
 

 

 






CELEBRAMOS O 25N

 O noso alumnado de ciclo video DJ gravou un vídeo a partir dun guion escrito polos Departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá para tratar de denunciar a situación de marxinación da muller na nosa sociedade actual baixo un lema: Somos Donas de nós!!!


O chip de control

jueves, 9 de diciembre de 2021

CELEBRAMOS O 25N

 Unha selección dos nosos alumnos e alumnas, gravados polo alumnado do ciclo de vídeo DJ, defende o dereito da muller a vivir e ser libres en todos os lugares e todas as sociedades do mundo.


Quérome viva, quérote libre!

domingo, 27 de junio de 2021

MULLERES IMPRESCINDIBLES: 2º ESO

Varias alumnas de 2º ESO crean ilustracións sobre as súas mulleres favoritas na historia, un exemplo de loita, constancia e intelixencia.








MULLERES IMPRESCINDIBLES: 1º ESO

 O noso alumnado de 1º de ESO desenvolveu un breve traballo de investigación para coñecer como era a vida das súas avoas.

Foi grato para eles e máis para elas descubrir que, en xeral, estudaron moi pouco tempo, viviron estreiteces económicas e tiveron que traballar dende moi novas... aínda que, en xeral, consideran que foron felices e non cambiarían gran cousa da súa vida.

Aquí temos unha pequenísima mostra dos seus traballos:


MULLERES IMPRESCINDIBLES: 4º ESO

 O alumnado de 4º de ESO A desenvolveu unha tarefa consistente en escoller unha muller que influise positivamente na súa vida, e en elaborar unha presentación sobre ela para expoñela posteriormente ante os seus compañeiros e compañeiras.

Dado que moitos rapaces e rapazas escolleron as suás avoas, os traballos resultantes son extraordinariamente ilustrativos sobre a vida dura das mulleres en décadas pasadas pero, ante todo, son profundamente respectuosas e emocionantes.

Esta é unha pequena mostra:


AS MULLERES NA LITERATURA

 O alumnado de 4º de ESO C desenvolveu un interesantísimo traballo de investigación sobre mulleres protagonistas de obras literarias clásicas, pero tamén actuais. 

A finalidade da actividade foi a de establecer un contraste entre as características das heroínas en épocas pasadas e na época presente e, sobre todo, analizar as relacións entre a presenza desas mulleres na literatura e outras artes (cine, pintura...).

Estas son unhas mostras do seu traballo:


LECTURAS EN FEMININO

 Durante o presente curso académico, os nosos alumnos e alumnas leron preferentemente obras escritas e/ou protagonizadas por mulleres.

Este feito reflectiuse tanto nos nosos Clubs de Lectura como na selección de textos que se traballaron nas aulas.

Club de Lectura 1º ESO (Lingua galega)

  
 
Club de Lectura 2 ESO (Lingua galega)

 
Lectura de aula 2º ESO (Lingua galega)
 
 
Club de Lectura 4º ESO (Lingua castelá)
 


 



   
 
Club de Lectura 4º ESO (Lingua castelá)
 
 
Lectura de aula 4ª ESO (Valores Éticos)
 

 
 

 
 

CHARLAS EN FEMININO: VISITA DE GUADI GALEGO E TATI MOYANO

 O 11 de xuño recibimos no noso centro a Guadi Galego e Tati Moyano. Ambas ían vir vernos o ano pasado, pero a súa visita quedou aprazada pola pandemia. Por iso, a súa presenza resultou gratísima para o alumnado, o profesorado e mesmo para as dúas invitadas, ansiosas de recuperar pouco a pouco a normalidade.

As nosas invitadas falaron sobre o seu labor profesional, sobre os seus éxitos e fracasos, sobre os atrancos que experimentaron no seu devenir laboral e sobre as súas expectativas de futuro.




lunes, 21 de junio de 2021

POESÍA EN FEMININO

 O día 10 de xuño celebramos un Obradoiro de poesía que tomou como punto de partida a obra poética de Xela Airas, a poeta homenaxeada este ano nas Legras Galegas. 

Este obradoiro foi organizado polo equipo de Dinamización Lingüística do noso instituto e coordinado polo profesor de Lingua galega 1º de ESO, Paulo Filgueiras. 

Para o seu desenvolvemento visituounos Xesús, que se encargou de descubrirlles dun xeito ameno e dinámico os pormenores da obra da poeta de Sarria aos nosos rapaces e ás nosasa rapazas.





 

 

martes, 15 de junio de 2021

CHARLAS EN FEMININO: ESTHER "MANGA"

 Hoxe recibimos a visita de Esther, gran coñecedora de Xapón e a súa cultura. De forma moi amena, informounos sobre as diferenzas entre a nosa cultura e a xaponesa, desterrou mitos e descubriunos curiosidades sobre o país nipón totalmente descoñecidas para nós.

Ademais, soubo trasladarnos a forma de vida das mulleres xaponesas e explicarnos con claridade cales son as normas sociais que deben cumprir as féminas e os problemas que pode supoñerlles a ruptura das regras estrablecidas pola súa sociedade. 





martes, 11 de mayo de 2021

ENCONTRO INTERXENERACIONAL

 Como todos os anos, os nosos alumnos e as nosas alumnas viviron unha charla interxeneracional promocionada pola Fundación Abanca con distintas mulleres maiores. A pesar de que este ano a xuntanza fíxose por videoconferencia, non por iso foi menos interesante.

As nosas invitadas falaron sobre as súas vivencias e as súas decisións vitais para darnos a coñecer os cambios que experimentaron as vidas das mulleres ao longo do tempo e, sobre todo, para tratar de concienciar ao noso alumnado sobre a necesidade de continuar na loita pola igualdade.




miércoles, 21 de abril de 2021

EXPOSICIÓN LIDERESAS

 A fotógrafa ferrolana Ana Amado cedeunos as fotos da súa exposición "Lideresas". Neste traballo, a autora propón unha versión feminina de imaxes históricas protagonizadas por homes para tratar de denunciar, con sentido do humor, o tradicional relegamento da muller na nosa historia recente.

Estas imaxes, protagonizadas por mulleres madrileñas maiores de 65 anos, pasaron a formar parte dos corredores do noso instituto.









A MADRIÑA DO DEPARTAMENTO

 Para celebrar o 8 de marzo, organizamos unha actividade dirixida a todo o noso centro: a escolla da madriña dos distintos departamentos.

A actividade desenvolveuse en varias etapas:

  • En primeiro lugar, cada Departamento Didáctico escolleu o nome de tres mulleres relevantes na súa disciplina. 

 
  • As imaxes das mulleres foron expostas, e o profesorado dos distintos departamentos encargouse de explicarlles aos nosos rapaces e ás nosas rapazas cal foi a razón da escolla de cada unha delas.
  • Para concluír, toda a comunidade educativa votou para escoller a madriña de cada Departamento.

 

CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO: AS MULLERES TAMÉN CONTAN

Para celebrar o 8 de marzo, o alumnado dos cursos de 1º e 2º de ESO elaborou unha breve investigación sobre diferentes mulleres que, a pesar dos seus logros en distintos ámbitos, non acadaron o recoñecemento que merecían no seu momento.

O resultado do seu traballo foi exposto no corredor do noso centro.




DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: "THE VIOLET DOOR" CON LINGUAXE DE SIGNOS

     Coordinados polo profesorado de 3º de ESO e de Vicedirección, un grupo de alumnos de 3º ESO interpretou en lingua de signos a canción de Rozalén: "La puerta violeta".


miércoles, 3 de marzo de 2021

DÍA DE ROSALÍA

 Os nosos alumnos e as nosas alumnas celebraron o Día de Rosalía cun recitado interxeneracional: nais/pais e fillos/as recitaron xuntos/as un poema da nosa poeta máis coñecida e internacional.


lunes, 1 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: 1º BACH

O noso alumnado de 1º Bach celebrou o Día da muller e a nena na ciencia a través dun traballo de investigación que o levou a recoñecer a case total ausencia de mulleres nos seus libros de texto de carácter científico-tecnolóxico, e a necesidade de incluír os nomes de varias féminas que revolucionaron de forma directa o seu campo de estudo, a pesar da case total falta de recoñecemento na sociedade da época. 

Esta é unha mostra do seu traballo:


DÍA DA MULLER E A NENA DA CIENCIA: 1º ESO

 Coa intención de celebrar o Día da muller e a nena na ciencia, o noso alumnado de 1º ESO desenvolveu un interesantísimo traballo de investigación para dar a coñecer ante os seus compañeiros e as súas compañeiras o nome de mulleres importantes no eido científico-tecnolóxico.

Aquí podemos observar unha breve selección dos seus traballos: