O noso alumnado de 2º ESO, organizado pola súa profesora de Lingua Galega, investigou sobre as razóns da escolla do 25 de novembro como o día para a sensibilización e a denuncia contra a violencia sobre as mulleres no mundo.
O resultado da súa investigación mostrouse en carteis que ocuparon os corredores do noso instituto.
Descubriron así o triste final das irmás Mirabal (coñecidas tamen como as bolboretas), tres mulleres fortes que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960, por loitar contra a ditadura de Trujillo na República Dominicana.
Esa foi a data escollida en 1981 polo movemento feminista latinoamericano para loitar contra a violencia sobre as mulleres e para solicitar a creación de políticas a favor da súa erradicación. Posteriormente, no 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas asumiu tamén o 25N no momento de establecer do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
No hay comentarios:
Publicar un comentario