miércoles, 21 de abril de 2021

EXPOSICIÓN LIDERESAS

 A fotógrafa ferrolana Ana Amado cedeunos as fotos da súa exposición "Lideresas". Neste traballo, a autora propón unha versión feminina de imaxes históricas protagonizadas por homes para tratar de denunciar, con sentido do humor, o tradicional relegamento da muller na nosa historia recente.

Estas imaxes, protagonizadas por mulleres madrileñas maiores de 65 anos, pasaron a formar parte dos corredores do noso instituto.









A MADRIÑA DO DEPARTAMENTO

 Para celebrar o 8 de marzo, organizamos unha actividade dirixida a todo o noso centro: a escolla da madriña dos distintos departamentos.

A actividade desenvolveuse en varias etapas:

  • En primeiro lugar, cada Departamento Didáctico escolleu o nome de tres mulleres relevantes na súa disciplina. 

 
  • As imaxes das mulleres foron expostas, e o profesorado dos distintos departamentos encargouse de explicarlles aos nosos rapaces e ás nosas rapazas cal foi a razón da escolla de cada unha delas.
  • Para concluír, toda a comunidade educativa votou para escoller a madriña de cada Departamento.

 

CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO: AS MULLERES TAMÉN CONTAN

Para celebrar o 8 de marzo, o alumnado dos cursos de 1º e 2º de ESO elaborou unha breve investigación sobre diferentes mulleres que, a pesar dos seus logros en distintos ámbitos, non acadaron o recoñecemento que merecían no seu momento.

O resultado do seu traballo foi exposto no corredor do noso centro.




DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: "THE VIOLET DOOR" CON LINGUAXE DE SIGNOS

     Coordinados polo profesorado de 3º de ESO e de Vicedirección, un grupo de alumnos de 3º ESO interpretou en lingua de signos a canción de Rozalén: "La puerta violeta".