O alumnado de 2º de ESO, coordinado pola súa profesora de Tecnoloxía, debeu desenvolver un breve traballo de investigación consistente na identificación de mulleres pioneiras no mundo da ciencia e da tecnoloxía que non acadaron no seu momento o recoñecemento que realmente merecían.
Os nosos rapaces e rapazas coñeceron así a figuras tan relevantes como Ada Lovelace (filla de lord Byron considerada a primeira programadora informática), Edith Clarke (primeira enxeñeira eléctrica, que traballou como "calculadora humana" e que inventou a calculadora gráfica), Radia Perlman (creadora do algoritmo de Spanning Tree), Carol Shaw (primeira muller creadora de videoxogos) ou Mary Kenneth Keller (relixiosa que se converteu na primeira muller doutorada en informática en USA).
As súas investigacións remataron coa creación dun xogo baseado nun pequeno circuíto eléctrico consistente en relacionar parellas (mulleres do mundo das Tic coa súa imaxe e/ou os seus logros).
Aquí temos unha pequena mostra dos traballos elaborados polo alumnado:
No hay comentarios:
Publicar un comentario