Coma todos os anos, tamén durante o presente curso académico unha gran parte das nosas lecturas foron escritas ou protagonizadas por mulleres.
A través destas experiencias lectoras puidemos coñecer a vida de mulleres fortes e resilientes que souberon loitar para cambiar a súa situación vital (como ocorre coas protagonistas de A trenza), e a de rapazas capaces de enfrontarse aos abusos machistas para afrontar un futuro menos escuro (como ocorre con Marina en Comerás flores), pero tamén a vida das que deciden deixar de loitar e son incapaces de superar o control das súa parella (como é o caso de Marina en Ninfa rota).
Tamén analizamos a evolución do papel da muller na sociedade ao longo da historia en novelas como Memoria para Xoana ou a necesidade de coidar e ser coidados a través de narracións como Las gratitudes.
Ademais soubemos recapacitar sobre o papel da enfermidade mental na vida das mulleres no pasado e no presente (O corpo de Cristo) e sobre o papel do mundo virtual no mundo dos rapaces máis novos (en Wombo combo).
.jpg)



.jpg)
.jpg)






No hay comentarios:
Publicar un comentario