Durante o presente curso académico, o noso alumnado de 4º de ESO analizou as causas e consecuencias da emigración e a súa relación co rural galego.
O traballo comezou coa lectura de "Las medias rojas", un conto da gran Emilia Pardo Bazán que ten como trasfondo a emigración galega.
Neste relato a autora galega escolle como protagonista a Ildara, unha rapaza nova que desexa emigrar para prosperar economicamente, pero que non logra o seu soño porque o seu pai llo impide cruel e violentamente.
A partir da súa lectura puidemos analizar a duras condicións económicas das clases baixas na Galiza da época e investigar as causas e as consecuencias desa situación. Asemade, a través dos trazos costumistas da narración da autora coruñesa, puidemos coñecer certos costumes que lastraban a vida das mulleres galegas, como a obriga de coidar aos familiares maoires no caso das mulleres solteiras da casa.
E comezou unha interesante investigación sobre a emigración galega e sobre os principais países receptores ata mediados do século XX (países americanos) e de mediados do século XX ata a actualidade (países europeos).
Como complemento desta investigación, puidemos ver dous documentais.
No primeiro,"Mamasunción" (1984), Chano Piñeiro analiza o drama da emigración e o seu impacto na vida dos que quedaron na terra.
A través do segundo: "Emigración gallega: mujeres", puidemos coñecer cal foi o papel da muller naquela época.
Tamén analizamos diversas e impactantes imaxes do momento:
Como conclusión, o noso alumnado elaborou diversos traballos. Aquí temos unha pequena mostra:
No hay comentarios:
Publicar un comentario