sábado, 22 de junio de 2024

MULLER E TRABALLO

Durante o presente curso académico, o noso alumnado de 2º ESO, guiado pola súa profesora de Lingua Castelá, investigou a evolución das condicións laborais das mulleres dende a Segunda Revolución Industrial ata a actualidade.

A actividade comezou coa lectura de Trampa de fuego, de Núria Martí Constans. 

 


Esta novela toma como punto de partida a historia real do incendio da fábrica téxtil Triangle en 1911 na cidade de Nova York. Neste incendio morreron 146 persoas, case todas mulleres, novas e migrantes. A magnitude da traxedia provocou a incorporación de cambios lexislativos nas normas de seguridade laboral e a creación dun Sindicato Internacional de mulleres traballadoras téxtiles. Así mesmo, as posteriores celebracións do Día Internacional da Muller Traballadora tomaron como referencia a denuncia das deplorables condicións laborais das mulleres obreiras da fábrica Triangle, que provocaron o desastre.

Da man de Laura e Bettina, protagonistas ficticias da narración de Núria Martí, os nosos alumnos e as nosas alumnas foron conscientes da difícil situación laboral das mulleres na época: a necesidade de incorporarse moi cedo ao mercado laboral para axudar ás súas familias, os amplos horarios de traballo, o salario escaso, as nulas condicións de seguridade...

Posteriormente, todo o alumnado de 2º ESO visitou a fábrica Galicia Textil S.A., en Neda.

 
Alí, e nunha interesantísima visita guiada recibiron información sobre a historia da fábrica.
 
 

Sobre a natureza do seu traballo na fabricación de todo tipo de fibras téxtiles.

Sobre o continuo investimento para a modernización de maquinaria e instalacións.



E, sobre todo, sobre os cambios sucesivos nas condicións laborais das traballadoras no sector do téxtil tanto no relativo á seguidade como no relacionado cos horarios ou as retribucións salariais.


 Unha xornada moi ben aproveitada.


Froito de todas estas experiencias, son os traballos que elaboraron os nosos rapaces e rapazas.


Esta é unha pequena mostra do seu labor.


 





No hay comentarios:

Publicar un comentario