Con
intención de celebrar o Día da muller e a nena na ciencia, pechamos os
recreos da biblioteca durante unha semana e convertemos este espazo nun
pequeno laboratorio de xogos mediante o que
tratamos de reivindicar o
papel de diferentes científicas importantes ao longo da historia da
humanidade.
Rocío e Julia, as nosas compañeiras de Química e Matemáticas, convertéronse en anfitrioas destas xornadas tan intensas.
Elas foron as encargadas de deseñar os xogos diferentes cos que os nosos alumnos e alumnas se achegaron de forma lúdica a personaxes tan variados como Ada Lovelace, Ángeles Alvariño ou Hedy Lamarr.
E así xogamos á oca.
E creamos figuras xeométricas coas imaxes das mulleres científicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario