lunes, 24 de febrero de 2025

AS MULLERES EN FERROL: ROTEIRO FERROL EN FEMININO


 O noso alumnado de 1º de ESO realizou un roteiro sobre mulleres importantes relacionadas coa cidade de Ferrol. A través desta fantástica iniciativa, os nosos alumnos e alumnas puideron investigar a historia da nosa cidade a través da perspectiva de mulleres tan relevantes como Ángeles Alvariño, Sofía Casanova, Concepción Arenal ou Ángela Ruiz Robles. 


 

 Tamén recibiron información sobre figuras máis escuras, como Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart.


   Non esquecemos, tampouco, o labor de mulleres anónimas que desempregaron papeis importantes na sociedade do momento: augadoras, lavandeiras, cargadoras ou carboeiras.

Unha xornada moi interesante e aproveitada!!!


martes, 18 de febrero de 2025

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: MULLERES CIENTÍFICAS

A visita de científicas converteuse nunha actividade de especial interese para o noso alumnado, que puido comprender de primeira man o reto que supón para unha muller adicarse ao mundo da ciencia e a tecnoloxía.


 
   Mediante charlas amenas, os nosos rapaces e rapazas asimilaron o feito de que menos dun 40% dos estudantes en carreiras STEM son mulleres. Cales son as causas desta situación? Probablemente a existencia larvada de estereotipos sociais, a escaseza de modelos femininos, a presenza de sesgos de xénero na contratación e as dificultades para conciliar vida laboral e vida familiar.
    A solución non parece sinxela, pero a educación ten que ser necesariamente o punto de partida para lograr a tan desexada igualdade.

sábado, 15 de febrero de 2025

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


 Coa intención de reivindicar o papel das científicas ante a nosa comunidade educativa, as nosas compañeiras Julia e Rocío decidiron destinar o presente curso académico a dar visibilidade a mulleres que dedicaron a súa vida á Astronomía.

  A biblioteca encheuse con información sobre astrónomas pioneiras, como Hipatia de Alexandría, Fátima de Madrid , Caroline Herschel ou María Winckelmann.


   Pero tamén con información sobre astrónomas actuais, tanto españolas como estranxeiras, facendo un especial fincapé nas mulleres galegas que se dedican profesionalmente a este campo científico.

 

   Como colofón, Julia e Rocío ofrecéronlles aos nosos alumnos e alumnas unha explicación sobre o funcionamento do sistema solar a través dunha maqueta a escala creada ex profeso.


 

sábado, 30 de noviembre de 2024

25N: PÍLULAS CONTRA O MALTRATO


 Combinamos as diferentes actividades de concienciación sobre a violencia de xénero cunha serie de charlas formativas dirixidas a sensibilizar aos nosos alumnos e alumnas de 4º ESO ante este gran problema.

  Nestas interesantísimas sesións, unha traballadora social faloulles aos rapaces e rapazas sobre a necesidade de identificar os diferentes tipos de violencia contra as mulleres (física, psicolóxica, sexual ou económica). Fixo especial fincapé na necesidade de previr este tipo de accións e, sobre todo, na importancia de denunciar e de apoiar ás vítimas.


Para a nosa sorpresa, unha parte do noso alumnado (principalmente rapaces) asegurou que este problema está moi magnificado na nosa sociedade e que un gran número das denuncias femininas son falsas.

Indudablemente, cómpre seguir loitando para eliminar falsos prexuízos. 

jueves, 28 de noviembre de 2024

25N: Barómetro do machismo

 Con intención de analizar cal é a percepción da nosa comunidade educativa sobre a igualdade de xénero, as actitudes machistas e a violencia sobre a muller, desenvolvemos un pequeno experimento que recibiu o nome de "barómetro do machismo".

  A partir dunha serie de preguntas simples, tratamos de descubrir se para o noso alumnado existen estereotipos sobre o que se espera de homes e mulleres na nosa sociedade, se os nosos rapaces e rapazas consideran que se manteñen as desigualdades entre homes e mulleres en diferentes ámbitos, se poden identificar situacións de violencia machista no entorno máis próximo ou se perciben influencias do machismo na vida cotía.

 A continuación, desenvolvemos a mesma actividade entre profesorado e persoal administrativo para analizar se a diferencia xeracional trae consigo un cambio de perspectiva.

Barómetro do machismo.

 

25N: SEMPRE HAI SAÍDA


 Para celebrar o 25N, decoramos a entrada do noso instituto cun sendeiro que recollese de forma simbólica as pegadas das 40 mulleres (que se converteron en 41 durante esa fin de semana) vítimas da violencia de xénero ata ese mesmo día.


 Con esta actuación quixemos reivindicar ante os nosos alumnos e alumnas a necesidade de actuar de forma activa contra esta lacra da nosa sociedade, apoiando ás mulleres que a padecen e, sobre todo, denunciando aos culpables.


Porque se todos loitamos de forma conxunta contra a violencia, si que hai saída.

domingo, 23 de junio de 2024

MULLER E DEPORTE: VISITA DAS XOGADORAS DO BAXI

A visita das xogadoras do Baxi Ferrol converteuse nunha actividade de especial interese para o noso alumnado, que puido comprender de primeira man o reto que supón para unha muller adicarse ao mundo do deporte.

Así mesmo dialogaron sobre as diferenzas entre o deporte masculino e o deporte feminino e sobre a necesidad de loitar pola igualdade de condicións entre ambos mundos.

Resultou unha actividade moi amena e ben aproveitada.