Con intención de analizar cal é a percepción da nosa comunidade educativa sobre a igualdade de xénero, as actitudes machistas e a violencia sobre a muller, desenvolvemos un pequeno experimento que recibiu o nome de "barómetro do machismo".
A partir dunha serie de preguntas simples, tratamos de descubrir se para o noso alumnado existen estereotipos sobre o que se espera de homes e mulleres na nosa sociedade, se os nosos rapaces e rapazas consideran que se manteñen as desigualdades entre homes e mulleres en diferentes ámbitos, se poden identificar situacións de violencia machista no entorno máis próximo ou se perciben influencias do machismo na vida cotía.
A continuación, desenvolvemos a mesma actividade entre profesorado e persoal administrativo para analizar se a diferencia xeracional trae consigo un cambio de perspectiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario