miércoles, 12 de marzo de 2025

CELEBRANDO O 8M: LECTURA DE MANIFESTO FEMINISTA

 As nosas alumnas Cristina e Adriana, organizadas por Belén, a coordinadora do Equipo de Dinamización, presentaron ante a nosa comunidade educativa un manifesto para reivindicar a liberdade e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Manifesto 8M: Lectura de Cris e Adriana.


CELEBRANDO O 8M: LECTURAS FEMINISTAS


    Gioconda Belli é unha das grandes autoras feministas da actualidade. A novelista e poetisa nicaragüense  defende nas súas obras a igualdade de xénero, denuncia os roles sexistas tradicionais e reivindica a sexualidade das mulleres.

    No seu poema "Consejos para una mujer fuerte", a autora reflexiona sobre a experiencia das mulleres na sociedade actual. Nos seus versos defende a necesidade de cultivar a fortaleza interior e de buscar apoio na comunidade feminina para resistir nun mundo que a miúdo trata de debilitalas.

    Foi esta a composición escollida para que unha selección de alumnas participantes no noso grupo de teatro fixese unha lectura dramatizada que posteriormente se reproduciu nos corredores do noso instituto durante os tempos de lecer.

Gravación de "Consejos para una mujer fuerte".

Consejos para una mujer fuerte

Si eres una mujer fuerte

protégete de las alimañas que querrán
almorzar tu corazón.
Ellas usan todos los disfraces de los carnavales de la tierra:
se visten como culpas, como oportunidades, como precios que hay que pagar.
Te hurgan el alma; meten el barreno de sus miradas o sus llantos
hasta lo más profundo del magma de tu esencia
no para alumbrarse con tu fuego
sino para apagar la pasión
la erudición de tus fantasías.

Si eres una mujer fuerte
tienes que saber que el aire que te nutre
acarrea también parásitos, moscardones,
menudos insectos que buscarán alojarse en tu sangre
y nutrirse de cuanto es sólido y grande en ti.

No pierdas la compasión, pero témele a cuanto conduzca
a negarte la palabra, a esconder quién eres,
lo que te obligue a ablandarte
y te prometa un reino terrestre a cambio
de la sonrisa complaciente.

Si eres una mujer fuerte
prepárate para la batalla:
aprende a estar sola
a dormir en la más absoluta oscuridad sin miedo
a que nadie te tire sogas cuando ruja la tormenta
a nadar contra corriente.

Entrénate en los oficios de la reflexión y el intelecto
Lee, hazte el amor a ti misma, construye tu castillo
rodéalo de fosos profundos
pero hazle anchas puertas y ventanas

Es menester que cultives enormes amistades
que quienes te rodean y quieran sepan lo que eres
que te hagas un círculo de hogueras y enciendas en el centro de tu habitación
una estufa siempre ardiente donde se mantenga el hervor de tus sueños.

Si eres una mujer fuerte
protégete con palabras y árboles
e invoca la memoria de mujeres antiguas.

Has de saber que eres un campo magnético
hacia el que viajarán aullando los clavos herrumbrados
y el óxido mortal de todos los naufragios.
Ampara, pero ampárate primero
Guarda las distancias
Constrúyete. Cuídate
Atesora tu poder
Defiéndelo
Hazlo por ti
Te lo pido en nombre de todas nosotras.

 

sábado, 1 de marzo de 2025

DÍA DE ROSALÍA: POESÍA E ROSAS

 

Con motivo da celebración do Día de Rosalía, o noso alumnado aproveitou a xornada para reivindicar a actividade literaria feminina tomando como punto de partida o labor poético da poeta santiaguesa.

A organización dun recitado público na nosa bibliotea serviu para que o alumnado participante se aproximase á producción literaria rosaliana e puidese reflexionar sobre o papel da muller na literatura na época en que Rosalía destacou como autora.




Para finalizar, todos os participantes na actividade recibiron unha rosa como agasallo.


lunes, 24 de febrero de 2025

AS MULLERES EN FERROL: ROTEIRO FERROL EN FEMININO


 O noso alumnado de 1º de ESO realizou un roteiro sobre mulleres importantes relacionadas coa cidade de Ferrol. A través desta fantástica iniciativa, os nosos alumnos e alumnas puideron investigar a historia da nosa cidade a través da perspectiva de mulleres tan relevantes como Ángeles Alvariño, Sofía Casanova, Concepción Arenal ou Ángela Ruiz Robles. 


 

 Tamén recibiron información sobre figuras máis escuras, como Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart.


   Non esquecemos, tampouco, o labor de mulleres anónimas que desempregaron papeis importantes na sociedade do momento: augadoras, lavandeiras, cargadoras ou carboeiras.

Unha xornada moi interesante e aproveitada!!!


martes, 18 de febrero de 2025

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: MULLERES CIENTÍFICAS

A visita de científicas converteuse nunha actividade de especial interese para o noso alumnado, que puido comprender de primeira man o reto que supón para unha muller adicarse ao mundo da ciencia e a tecnoloxía.


 
   Mediante charlas amenas, os nosos rapaces e rapazas asimilaron o feito de que menos dun 40% dos estudantes en carreiras STEM son mulleres. Cales son as causas desta situación? Probablemente a existencia larvada de estereotipos sociais, a escaseza de modelos femininos, a presenza de sesgos de xénero na contratación e as dificultades para conciliar vida laboral e vida familiar.
    A solución non parece sinxela, pero a educación ten que ser necesariamente o punto de partida para lograr a tan desexada igualdade.

sábado, 15 de febrero de 2025

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


 Coa intención de reivindicar o papel das científicas ante a nosa comunidade educativa, as nosas compañeiras Julia e Rocío decidiron destinar o presente curso académico a dar visibilidade a mulleres que dedicaron a súa vida á Astronomía.

  A biblioteca encheuse con información sobre astrónomas pioneiras, como Hipatia de Alexandría, Fátima de Madrid , Caroline Herschel ou María Winckelmann.


   Pero tamén con información sobre astrónomas actuais, tanto españolas como estranxeiras, facendo un especial fincapé nas mulleres galegas que se dedican profesionalmente a este campo científico.

 

   Como colofón, Julia e Rocío ofrecéronlles aos nosos alumnos e alumnas unha explicación sobre o funcionamento do sistema solar a través dunha maqueta a escala creada ex profeso.


 

sábado, 30 de noviembre de 2024

25N: PÍLULAS CONTRA O MALTRATO


 Combinamos as diferentes actividades de concienciación sobre a violencia de xénero cunha serie de charlas formativas dirixidas a sensibilizar aos nosos alumnos e alumnas de 4º ESO ante este gran problema.

  Nestas interesantísimas sesións, unha traballadora social faloulles aos rapaces e rapazas sobre a necesidade de identificar os diferentes tipos de violencia contra as mulleres (física, psicolóxica, sexual ou económica). Fixo especial fincapé na necesidade de previr este tipo de accións e, sobre todo, na importancia de denunciar e de apoiar ás vítimas.


Para a nosa sorpresa, unha parte do noso alumnado (principalmente rapaces) asegurou que este problema está moi magnificado na nosa sociedade e que un gran número das denuncias femininas son falsas.

Indudablemente, cómpre seguir loitando para eliminar falsos prexuízos.