Durante o presente curso académico, o noso grupo de teatro escolar Os saturninos levou a escena De cine, un texto teatral resultado da colaboración entre a nosa alumna Ahata Zulinska e as profesoras encargadas de coordinar o proxecto. Esta obra, organizada en tres actos, presenta tres situacións diferentes cun fío común: a denuncia de diversas actitudes machistas típicas da nosa sociedade actual.
No primeiro acto, Xurxo, un rapaz controlador e dominante, trata de impedir que a súa moza Eva prosiga a súa formación académica. Con continuas ameazas de romper a relación, Xurxo trata de coaccionar a unha Eva que nun primeiro momento parece indecisa.
No segundo acto, Lidia, que vive baixo o férreo control do seu home Raúl, sofre un illamento forzoso que lle impide manter o contacto con familia e amigos. Raúl, mediante unha elaborada chantaxe psicolóxica, intenta manipular a Lidia provocando nela sentimentos de culpa inxustificados para impedir que ela o abandone.
O acto final mostra unha realidade común no mundo escolar: o acoso a través de redes dun rapaz cara a unha rapaza despois de ser abandonado por ela.
Vídeo representación: De cine.
No hay comentarios:
Publicar un comentario