A pesar de que tiñamos programada a representación de La casa de Bernarda Alba para celebrar o 8M, por razóns alleas á nosa vontade tivemos que pospoñela en varias ocasións.
Por fin o 22 de abril, a nosa compañeira Esther representou co seu grupo de teatro o drama rural máis coñecido de Federíco García Lorca.
Con esta obra quixemos achegar ao noso alumnado á situación da que viviron as mulleres a comezos do século XX a través temas tan controvertidos como a represión dos instintos, a loita pola liberdade e a hipocresía social.
Despois de contextualizar na aula a situación de represión social que vivían as mulleres españolas no ano 1936 (estrutura agraria e gran peso da relixión nunha sociedade patriarcal), un público entusiasmado puido comprobar como se enfrontaron as fillas de Bernarda Alba á situación que lles tocou vivir. Pasaron así da aceptación de Angustias á resignación de Amelia e Magdalena ata chegar ao rencor de Martirio e á rebelión aberta de Adela, que escolleu, mesmo a través da morte, a liberdade.



No hay comentarios:
Publicar un comentario