sábado, 30 de noviembre de 2024

25N: PÍLULAS CONTRA O MALTRATO


 Combinamos as diferentes actividades de concienciación sobre a violencia de xénero cunha serie de charlas formativas dirixidas a sensibilizar aos nosos alumnos e alumnas de 4º ESO ante este gran problema.

  Nestas interesantísimas sesións, unha traballadora social faloulles aos rapaces e rapazas sobre a necesidade de identificar os diferentes tipos de violencia contra as mulleres (física, psicolóxica, sexual ou económica). Fixo especial fincapé na necesidade de previr este tipo de accións e, sobre todo, na importancia de denunciar e de apoiar ás vítimas.


Para a nosa sorpresa, unha parte do noso alumnado (principalmente rapaces) asegurou que este problema está moi magnificado na nosa sociedade e que un gran número das denuncias femininas son falsas.

Indudablemente, cómpre seguir loitando para eliminar falsos prexuízos. 

jueves, 28 de noviembre de 2024

25N: Barómetro do machismo

 Con intención de analizar cal é a percepción da nosa comunidade educativa sobre a igualdade de xénero, as actitudes machistas e a violencia sobre a muller, desenvolvemos un pequeno experimento que recibiu o nome de "barómetro do machismo".

  A partir dunha serie de preguntas simples, tratamos de descubrir se para o noso alumnado existen estereotipos sobre o que se espera de homes e mulleres na nosa sociedade, se os nosos rapaces e rapazas consideran que se manteñen as desigualdades entre homes e mulleres en diferentes ámbitos, se poden identificar situacións de violencia machista no entorno máis próximo ou se perciben influencias do machismo na vida cotía.

 A continuación, desenvolvemos a mesma actividade entre profesorado e persoal administrativo para analizar se a diferencia xeracional trae consigo un cambio de perspectiva.

Barómetro do machismo.

 

25N: SEMPRE HAI SAÍDA


 Para celebrar o 25N, decoramos a entrada do noso instituto cun sendeiro que recollese de forma simbólica as pegadas das 40 mulleres (que se converteron en 41 durante esa fin de semana) vítimas da violencia de xénero ata ese mesmo día.


 Con esta actuación quixemos reivindicar ante os nosos alumnos e alumnas a necesidade de actuar de forma activa contra esta lacra da nosa sociedade, apoiando ás mulleres que a padecen e, sobre todo, denunciando aos culpables.


Porque se todos loitamos de forma conxunta contra a violencia, si que hai saída.

domingo, 23 de junio de 2024

MULLER E DEPORTE: VISITA DAS XOGADORAS DO BAXI

A visita das xogadoras do Baxi Ferrol converteuse nunha actividade de especial interese para o noso alumnado, que puido comprender de primeira man o reto que supón para unha muller adicarse ao mundo do deporte.

Así mesmo dialogaron sobre as diferenzas entre o deporte masculino e o deporte feminino e sobre a necesidad de loitar pola igualdade de condicións entre ambos mundos.

Resultou unha actividade moi amena e ben aproveitada.




sábado, 22 de junio de 2024

MULLER E TRABALLO

Durante o presente curso académico, o noso alumnado de 2º ESO, guiado pola súa profesora de Lingua Castelá, investigou a evolución das condicións laborais das mulleres dende a Segunda Revolución Industrial ata a actualidade.

A actividade comezou coa lectura de Trampa de fuego, de Núria Martí Constans. 

 


Esta novela toma como punto de partida a historia real do incendio da fábrica téxtil Triangle en 1911 na cidade de Nova York. Neste incendio morreron 146 persoas, case todas mulleres, novas e migrantes. A magnitude da traxedia provocou a incorporación de cambios lexislativos nas normas de seguridade laboral e a creación dun Sindicato Internacional de mulleres traballadoras téxtiles. Así mesmo, as posteriores celebracións do Día Internacional da Muller Traballadora tomaron como referencia a denuncia das deplorables condicións laborais das mulleres obreiras da fábrica Triangle, que provocaron o desastre.

Da man de Laura e Bettina, protagonistas ficticias da narración de Núria Martí, os nosos alumnos e as nosas alumnas foron conscientes da difícil situación laboral das mulleres na época: a necesidade de incorporarse moi cedo ao mercado laboral para axudar ás súas familias, os amplos horarios de traballo, o salario escaso, as nulas condicións de seguridade...

Posteriormente, todo o alumnado de 2º ESO visitou a fábrica Galicia Textil S.A., en Neda.

 
Alí, e nunha interesantísima visita guiada recibiron información sobre a historia da fábrica.
 
 

Sobre a natureza do seu traballo na fabricación de todo tipo de fibras téxtiles.

Sobre o continuo investimento para a modernización de maquinaria e instalacións.



E, sobre todo, sobre os cambios sucesivos nas condicións laborais das traballadoras no sector do téxtil tanto no relativo á seguidade como no relacionado cos horarios ou as retribucións salariais.


 Unha xornada moi ben aproveitada.


Froito de todas estas experiencias, son os traballos que elaboraron os nosos rapaces e rapazas.


Esta é unha pequena mostra do seu labor.


 





lunes, 17 de junio de 2024

LECTURAS EN FEMININO

 

 Coma todos os anos, tamén durante o presente curso académico unha gran parte das nosas lecturas foron escritas ou protagonizadas por mulleres. Puidemos coñecer así coñecer a vida de mulleres fortes que souberon loitar contra o seu destino ou vivir o seu amor lonxe dos prexuízos da súa sociedade (Celestina e Melibea en La Celestina), de mozas valentes que souberon loitar por acadar a felicidade (Adela en La casa de Bernarda Alba), de mulleres que loitaron para facerse ver nun mundo tipicamente masculino (como a inspectora Ana Barroso en A vida secreta de Úrsula Bas) ou que morreron vítimas das pésimas condicións en que se viron obrigadas a traballar (Trampa de fuego).

Moitas desas lecturas fixéronse nos diferentes Clubs de Lectura:

Club de adultos



 
 
Club 1º ESO
 


 
Club 4º ESO




1º Bach (Club de poesía)

 


 


 




1º Bach (Club de narrativa)




 

 
Ou convertéronse en lecturas obrigatorias das diferentes materias:

1º ESO





2º ESO





 3º ESO



 

4º ESO


 1º Bach


 

lunes, 10 de junio de 2024

MULLERES NO RURAL GALEGO: A EMIGRACIÓN

 Durante o presente curso académico, o noso alumnado de 4º de ESO analizou as causas e consecuencias da emigración e a súa relación co rural galego.

  O traballo comezou coa lectura de "Las medias rojas", un conto da gran Emilia Pardo Bazán que ten como trasfondo a emigración galega.


   Neste relato a autora galega escolle como protagonista a Ildara, unha rapaza nova que desexa emigrar para prosperar economicamente, pero que non logra o seu soño porque o seu pai llo impide cruel e violentamente. 

   A partir da súa lectura puidemos analizar a duras condicións económicas das clases baixas na Galiza da época e investigar as causas e as consecuencias desa situación. Asemade, a través dos trazos costumistas da narración da autora coruñesa, puidemos coñecer certos costumes que lastraban a vida das mulleres galegas, como a obriga de coidar aos familiares maoires no caso das mulleres solteiras da casa.

   E comezou unha interesante investigación sobre a emigración galega e sobre os principais países receptores ata mediados do século XX (países americanos) e de mediados do século XX ata a actualidade (países europeos).



Como complemento desta investigación, puidemos ver dous documentais.


No primeiro,"Mamasunción" (1984), Chano Piñeiro analiza o drama da emigración e o seu impacto na vida dos que quedaron na terra.


 

A través  do segundo: "Emigración gallega: mujeres", puidemos coñecer cal foi o papel da muller naquela época.


Tamén analizamos diversas e impactantes imaxes do momento:

Como conclusión, o noso alumnado elaborou diversos traballos. Aquí temos unha pequena mostra: