Coa intención de coñecer cal é a opinión dos nosos alumnos e as nosas alumnas sobre a violencia de xénero, organizamos un faladoiro para que todos e todas mostrasen o que pensan sobre este azoute tan presente aínda na nosa sociedade.
Os participantes na actividade reflexionaron con espírito crítico sobre cales son as causas destas manifestacións violentas sobre as mulleres tanto na nosa sociedade coma en sociedades alleas.
Tamén nos achegaron a súa visión persoal do problema entre os adolescentes e como se mostran o control, o abuso e o maltrato ao seu arredor.
Por último, denunciaron que, a pesar das medidas oficiais que se adoptan para loitar contra este problema, existe un grupo cada vez maior de xente que defende que os datos non son fiables e que se está esaxerando a situación con intención de espertar unha alarma innecesaria na sociedade.
E remataron coa interesante suxestión de que talvez sería interesante iniciar un debate social para analizar esta preocupante situación e buscar posibles solucións entre todos e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario