Combinamos as diferentes actividades de concienciación sobre a violencia de xénero cunha serie de charlas formativas dirixidas a sensibilizar aos nosos alumnos e alumnas de 4º ESO ante este gran problema.
Nestas interesantísimas sesións, unha traballadora social faloulles aos rapaces e rapazas sobre a necesidade de identificar os diferentes tipos de violencia contra as mulleres (física, psicolóxica, sexual ou económica). Fixo especial fincapé na necesidade de previr este tipo de accións e, sobre todo, na importancia de denunciar e de apoiar ás vítimas.
Para a nosa sorpresa, unha parte do noso alumnado (principalmente rapaces) asegurou que este problema está moi magnificado na nosa sociedade e que un gran número das denuncias femininas son falsas.
Indudablemente, cómpre seguir loitando para eliminar falsos prexuízos.




