Con motivo da celebración do Día de Rosalía, o noso alumnado aproveitou a xornada para reivindicar a actividade literaria feminina tomando como punto de partida o labor poético da poeta santiaguesa.
A organización dun recitado público na nosa bibliotea serviu para que o alumnado participante se aproximase á producción literaria rosaliana e puidese reflexionar sobre o papel da muller na literatura na época en que Rosalía destacou como autora.
Todos os participantes na actividade recibiron unha rosa como agasallo.