miércoles, 27 de diciembre de 2023

AS MULLERES IMPORTANTES DA MIÑA VIDA

 

 Durante o presente curso académico, o alumnado de 4º de ESO desenvolveu unha breve (pero intensa) tarefa de investigación que tivo como finalidade a reivindicación de figuras femininas importantes no seu núcleo persoal e/ou familiar.

Para a nosa satisfacción, a maior parte dos nosos rapaces escolleron mulleres pertencentes ao seu núcleo familiar próximo (nais, avoas ou bisaboas) e destacaron nelas a súa infancia dura, o seu carácter loitador e, sobre todo, o seu espírito de superación ante as situacións adversas que lles presentou a vida. Son, ante todo, mulleres resilientes que deixaron unha fonda (e moi agarimosa) pegada entre os seus pequenos fillos, netos ou bisnetos.

Aquí temos unha pequena mostra dos traballos desenvoltos que falan de avoas:

 

 

lunes, 11 de diciembre de 2023

CELEBRAMOS O 25 N (O muro da vergoña)

 
O 25 de novembro celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa intención sensibilizar ao noso alumnado ante a violencia que moitas mulleres padecen en diferentes lugares do mundo e, sobre todo, para reivindicar unha maior igualdade entre homes e mulleres en todas as facetas da súa existencia.

Durante todo o día desenvolvemos diferentes actividades en que participou toda a comunidade educativa.

En primeiro lugar, os nosos alumnos e alumnas investigaron sobre o número de mulleres asesinadas en España durante o ano 2023. Cos seus nomes construímos un muro da vergoña que posteriormente eliminamos nun acto reivindicativo.


 

CELEBRAMOS O 25N (Faladoiro)

 Coa intención de coñecer cal é a opinión dos nosos alumnos e as nosas alumnas sobre a violencia de xénero, organizamos un faladoiro para que todos e todas mostrasen o que pensan sobre este azoute tan presente aínda na nosa sociedade.

Os participantes na actividade reflexionaron con espírito crítico sobre cales son as causas destas manifestacións violentas sobre as mulleres tanto na nosa sociedade coma en sociedades alleas. 


 Tamén nos achegaron a súa visión persoal do problema entre os adolescentes e como se mostran o control, o abuso e o maltrato ao seu arredor.


Por último, denunciaron que, a pesar das medidas oficiais que se adoptan para loitar contra este problema, existe un grupo cada vez maior de xente que defende que os datos non son fiables e que se está esaxerando a situación con intención de espertar unha alarma innecesaria na sociedade.

E remataron coa interesante suxestión de que talvez sería interesante iniciar un debate social para analizar esta preocupante situación e buscar posibles solucións entre todos e todas.

domingo, 10 de diciembre de 2023

CELEBRAMOS O 25N (Poema: "O muro")

Coa intención de denunciar ante o noso alumnado os estereotipos sexistas que aínda están vixentes na nosa sociedade, alumnos e alumnas participantes no Voluntariado de Biblioteca e nos Correspondentes Xuvenís realizaron unha dramatización do poema "O muro", incluído no poemario Masculino singular do poeta Carlos Negro.


 


CELEBRAMOS O 25N (Lectura dun manifesto contra a violencia de xénero).


viernes, 1 de diciembre de 2023

NOVAS GANDEIRAS: TALENTO MOZO

 A través do programa Talento mozo recibimos a visita de María, unha nova gandeira que nos explicou a súa experiencia laboral nunha granxa facendo especial fincapé nos trazos positivos, pero tamén no reto que supón levar adiante unha explotación gandeira na sociedade actual.

O contraste entre a vida actual dunha gandeira coa vida que levaban no pasado resultou impactante para o noso alumnado, que quedou gratamente sorprendido coa charla.