jueves, 29 de febrero de 2024

14 FEBREIRO: FALADOIRO SOBRE O AMOR


 Aproveitando a "romántica" celebración do 14 de febreiro, organizamos un faladoiro para que o noso alumnado mostrase cales son as súas ideas sobre o amor (nun sentido amplo) e sobre cales son os seus maiores erros (ou acertos) no momento de amar.

A actividade resultou moi amena e interesante, porque os participantes puideron reflexionar sobre que é o amor e sobre as distintas formas de amar.

A partir do seu coñecemento do mundo, analizaron como evolucionou o amor a través do tempo, e cales son as diferenzas que observan entre os comportamentos amorosos da súa xeración e os comportamentos que tiñan os seus pais ou os seus avós.


E compartiron sen medo as súas ansias, sentimentos e esperanzas.

 


14 FEBREIRO: O AMOR NAS CANCIÓNS

Se ben o amor é un sentimento totalmente subxectivo, é realmente positiva a idea que nos transmiten as cancións románticas sobre el? Podemos analizar de forma crítica as nocións que nos proporcionan os diferentes autores sobre o tema? 

Ante estas cuestións, un grupo de alumnos e alumnas voluntarios animouse a traballar diferentes cancións con motivos amorosos coa intención de comentar os aspectos que lles resultaron máis perniciosos e/ou menos recomendables para levar adiante unha relación de parella sa e fructífera.

Sempre, por suposto, cun ton humorístico